LXIV CAMPEONATO GALLEGO PESCA SUBMARINA 2024

LXIV CAMPEONATO GALLEGO PESCA SUBMARINA 2024

 

O domingo 5 de maio celebrouse a segunda proba da categoría Senior Masculina, así como as probas das categorías Sub23, Senior Feminino e Veteranos, do Campionato Galego de Pesca Submarina.

A mañá amenceu chuviosa e fresca, pero aos poucos foi mellorando e ata acabou por saír o sol. As condicións do mar eran moito mellores que as do sábado, co que se decidiu facelo na zona que lle correspondía ese día, desde a illa Herbosa ata a zona dos Cabalos en Cabo Prior, e as categorías Sub23 e Senior Feminina na zona do Porto da Cova en Cobas. Á primeira hora o peixe facíase de rogar, como na xornada anterior, salvo algunha excepción.....pero segundo empezou a vir a pleamar foron subindo as capturas ás embarcacións.

Houbo moi bos sacos de moi boas capturas, como un par de robalos de Elías Villar do Club Subacuático Sotavento, un que pasou dos 5 quilos e outro que pouco lle faltou para chegar aos 7 quilos. Ao final, tras a pesada, a clasificación quedou da seguinte maneira:

 

Categoría Veteranos, 1º Juan Varela do CAS Nauga da Coruña, 2ª Antonio Lata Lafuente do Club do Mar Ferrol, e 3º Antonio González Barreiro, do Club Pérez-Sub de Vilanova de Arousa.

Acta Clasificación Veteranos 2024

Categoría Sub-23 quedou da seguinte maneira: 1º Manuel Filgueira Castro, tamén do CAS Nauga; 2º Eder Santomé Moares, do Club Subacuático Sotavento de Pontevedra, e 3º Alejandro Noya Vilasenín, do CAS Nauga.

Acta Clasificación Sub-23_ 2024

Categoría Senior Feminina o primeiro posto foi para Soraya Hermida Piñeiro, do Club Pérez-Sub, que revalida título, en segundo lugar quedou Belén Díaz Iglesias, do Club Raspa de Vilagarcía de Arousa, e en terceiro lugar quedou Isabel Arroyo Crespo, do CAS Nauga.

Acta Clasificación Senior femenino_2024

Categoría Senior Masculina o título de Campión Galego de Pesca Submarina 2024 foi para Elías Villar, do Club Subacuático Sotavento, que fixo un total de 104.270 puntos, afastándose do segundo posto cunha diferenza próxima aos 20000 puntos; o 2º posto correspondeu a Adrián del Río García, do CAS Nauga, e o terceiro posto correspondeu ao actual Campión de España Jacobo García Fernández, tamén do Club Subacuático Sotavento.ç

Acta Clasificación Senior masculino_2024

Neste campionato fíxoselle unha homenaxe a Ramón Martínez Bértalo, pescador ferrolán do Club do Mar Ferrol, e moi querido entre o noso colectivo, xa que cos seus 83 anos segue participando en campionatos e practicando o deporte que máis lle apaixona, a pesca submarina. Tanto pola FEGAS como polo Club do Mar Ferrol fíxoselle entrega dun detalle, e os asistentes brindáronlle un emotivo e cariñoso aplauso, para que Monchiño siga con toda a ilusión coma se fose o primeiro día

 

Compartir esta noticia: