Licenza Federativa Fegas

LICENZA -2026

 

PÓLIZA DE ACCIDENTES

📋Información Identificativa da PólizaCompañía

  • Aseguradora: Helvetia.
  • Número de Póliza: DÁ C30 0000249.
  • Correo electrónico de Xestión: helvetiaaccidentes@hna.es
  • Teléfonos de Atención: 91 334 92 28 – 91 384 04 50
  • En caso de accidente, tes que cubrir o Protocolo de actuación e envialo á FEGAS ou ao teu club que cho certifiquen e logo tes que envialo a HELVETIA
  • Para maior información detallada proporcionámosche o Protocolo de accidentesdescargar
  • Parte de accidentesdescargar

__________________________________________________

Só para federados

Desde a túa zona privada podes descargar o teu certificado de licenza e as túas titulacións de mergullo. Tamén che permite subir a túa fotografía, o certificado médico e o teu permiso de pesca, solicita o teu usuario picando na imaxe


Como tramitar la LICENZA FEDERATIVA

O xeito habitual é tramitala a través dun club federado. Hai que ter en conta que algúns clubs non todos engaden ao prezo da licenza a súa propia cota, recomendámoste que contactes co club e que te informen. Nestas mesmas páxinas poderás atopar unha lista de clubs.

Directorio Clubs FEGAS 

Outra opción é tramitar a licenza directamente coa Federación de forma INDEPENDENTE. O seu importe é de 65 €. Se desexas xestionala, a continuación podes descargar os documentos necesarios para cumprimentalos e envialos a fegas@fegas.net.

  1. Documento TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL SEGUNDO LEI ORGÁNICA  descargar 
  2. Documento tramite federativa descargar

 

PERMISO DE PESCA POLA XUNTA DE GALICIA

REQUISITOS: Ter cumpridos os 16 anos. 

SOLICITUDE E RENOVACIÓN (ANUAL)

  •  Impreso de solicitud – Modelo PE405A (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou descargar desde a páxina web: http://sede.xunta.es)
  •  Autorización asinada polo pai nai ou titor legal, no suposto de menores de idade.
  • DNI
  • Certificado médico oficial (venda en estancos ou farmacias) no que se indique que é apto para a práctica da pesca submarina o presentando a declaración xurada de saúde do Real Decreto 550/2020
  • Licenza federativa FEGAS
  •  Abonar a taxa establecida.

Para a convalidación dunha licenza outorgada por outra Administración Pública nacional ou dun Estado membro da Unión Europea, será necesario achegar copia da licenza expedida pola devandita Administración xunto co xustificante de abono da taxa correspondente.

CERTIFICADO MÉDICO

Proporcionámosche unha listaxe dos médicos hiperbáricos recoñecidos na comunidade de Galicia, e que poden tramitar o certificado médico, pica aquí: Listaxe de médicos especialistas

Desde a FEGAS se esta traballando para conseguir centros en Galicia onde podes sacarche ou Certificado Médico, a continuación detallámosche vos centros onde che poderán atender:

A Coruña
Centro Médico MAPFRE Salud,  Calle Fernando Macías Nº 31-33 . / Atenderache unha Doutora Pérez Guitian especialista en Medicina Subacuática. As consultas son polas tardes baixo previa cita médica, o teléfono de contacto é: 981.145.955  

En Ferrol
HOSPITAL NAVAL DE LA DEFENSA, ubicado na Calle A Pega.

Atenderache un Doutor especialista en Medicina Hiperbárica, as consultas son polas mañás baixo previa cita, o teléfono de contacto é: 626.59.24.03 (Dr. Manuel Rial), é fundamental que presentes a túa licenza federativa.

 

A pesca submarina é unha actividade regulada que require o estrito cumprimento dos calendarios oficiais para garantir a sustentabilidade do medio mariño. A continuación, detállanse os períodos autorizados para a práctica desta modalidade:

📅 Calendario Oficial de Pesca Submarina

Xeral:  Sábado, Domingo e festivos (de carácter estatal ou autonómico). 

Semana Santa: Permitido de forma continuada desde o xoves ata o domingo.

Tempada de Verán: Apertura total desde o 1 de maio ata o 30 de setembro, permitíndose a práctica de luns a domingo.