SOLICITUDE E RENOVACIÓN DA LICENZA DE PESCA MARÍTIMA DE RECREO SUBMARINA (XUNTA DE GALICIA)
Requisitos para a obtención da licenza de Pesca Submarina
- Ter cumpridos os 16 anos, en caso de menores de idade non emancipados necesítase un documento que acredite o consentimento paterno, materno ou dun titor legal.
- Estar capacitado para a práctica da pesca submarina, hao de acreditar un médico a través dun certificado médico oficial.
Documentación necesaria para o seu trámite:
- DNI
- Licenza Federativa FEGAS en vigor. (Para consultar como tramitar a Licenza Federativa Fegas pica aquí.)
- Certificado médico.
Para o Certificado médico necesitas unha instancia oficial que se vende en estancos e en farmacias. Ha de estar cuberto polo médico, selaxe e asinado co número de colexiado e debe poñer que es apto para a práctica da pesca submarina.
Non todos os centros médicos realizan este tipo de certificados, polo que aconsellamos chamar antes para confirmalo. Aquí tes unha listaxe de médicos que realizan este certificado .
- Xustificante de abono das taxas correspondentes.
O importe das taxas para o ano 2022 para esta solicitude é de 15,16€.
O modelo de autoliquidación das taxas pódelo recoller na Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos máis próxima ou podes descargarcho aquí , desde esta ligazón tamén podes pagar as taxas en liña, se non, podes facer o pago nunha sucursal bancaria colaboradora da Administración.
Aquí tes un modelo exemplo de Autoliquidación para que vexas como tes que cubrilo e cales son os códigos que necesitas.
O único código que debes modificar é o da Delegación, no exemplo está o código 10, que corresponde á Delegación da Coruña, para o resto de Delegacións os códigos son os seguintes:
11 – Ferrol
12 – Ribeira
13 – Servicios Centrales
14 – Órdenes
20 – Lugo
21 – Celeiro
22 – Villalba
30 – Orense
31 – El Barco de Valdeorras
40 – Pontevedra
41 – Vigo
42 –Villagarcía de Arosa
- Modelo de solicitude PE405A
O último procedemento é entregar o modelo de solicitude, descarga aquí, xunto co resto da documentación necesaria.
Pódese facer de maneira presencial nas Delegacións Territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ou presentalo en liña se dispós de Certificado Dixital ou Chave 365.
este último caso debes entrar nesta ligazón, e picar en tramitar en liña.
Se ves que a ligazón non está operativo, podes facelo a través dunha solicitude xeral (modelo PR004A) nesta ligazón, describindo que solicitas o alta ou a renovación da Licenza de Pesca Marítima de Recreo Submarina