Apnea

Reglamento de Apnea

Podes descargarte aquí o regulamento de Apnea da Federación Galega de Actividades Subacuáticas

Campionato Galego de apnea indoor

O pasado domingo 2 de abril disputouse na piscina municipal de Carballo Calero, o XIX Campionato galego de apnea indoor 2023.

Dende a Federación queremos agradecer a colaboración no evento ao Concello de Carballo, Calvo Conservas, Gadis, MisterNutrición Carballo , Construcciones Ramon Vazquez y Reino , Doce sportcafe e por suposto a organizador o clube CAS NAUGA.

Dossier completo da inscripción

Clasificaciones por modalidades:

DYN-BF          Estática         DYN          DNF

 

 

Campionato Galego de Apnea 2022

24/4/2022
Lugar: Piscina de A Sardiñeira (A Coruña)

Horario: A partir das 9:00 am as instalacións xa estarán abertas.

Documentos a descargar relacionados co campionato,

 

O domingo día 24 celebrábase na Coruña o XIX Campionato Galego de Apnea Indoor. O lugar elixido foi a piscina de Elviña na Coruña.


Ás 8:30 da mañá reuniríase todo o persoal de organización para montar toda a loxística do campionato para ter todo listo ás 9:00 da mañá, hora á que entrarían en quecemento os primeiros deportistas de apnea estática.

A orde de saída nesta e no resto das probas é asignado polas marcas que anuncian os deportistas na folla de inscrición.

O pódium desta modalidade quedaría da seguinte maneira:
Cat. Masculina
1º Jonathan Costas (Neptuno do Salnes) 6:22
2º Xan Lamas (CAS Nauga) 5:35
3º Anxo Pazos (Perez sub) 4:55


Cat. Feminina
1ª Lorena Cacabelos (Sotavento) 4:37
2ª Sandra Osorio (Perez sub) 2:16
3ª Cristina Fdez. ( Baixo Miño) deportista junior 2:06

A seguinte proba era Dinámica sen aletas onde os deportistas deben percorrer a máxima distancia posible en piscina sen aletas.

A clasificación masculina e feminina quedou:
Categoría masculina
1º Xan Lamas (CAS Nauga) 105,20m
2º Anxo Pazos (Perez sub) 86,7m
3º Miguel Portela (Sotavento) 81m


Categoría Feminina
1ª Lorena Cacabelos (Sotavento) 78m
2ª Aldara Andrés (Baixo Miño) Junior 56,7m
3ª Africa Rodríguez (Baixo Miño) Junior 49,3m


En Dinámica con bialetas, onde os deportistas deben percorrer a piscina coas vías mergulladas coa axuda de dúas aletas.

A clasificación é a que segue:
Categoría Masculina
1º Xan Lamas (CAS Nauga) 135,7m
2º Miguel Portela (Sotavento) 130,2m


Categoría Feminina
1ª Lorena Cacabelos (Sotavento) 125,5m
2ª Aldara Andrés (Baixo Miño) Junior 100m
3ª Cristina Fernandez (Baixo Miño) Junior 70m

Xa na última proba do día o atleta ten por obxecto cubrir a máxima distancia horizontal, mantendo o corpo baixo a superficie da auga, en apnea, con monoaleta.

O medalleiro quedaría da seguinte maneira:
Categoría masculina
1º Xan Lamas (CAS Nauga) 147,6m
2º Miguel Portela (Sotavento) 132,7m


Categoría Feminina
1ª Lorena Cacabelos (Sotavento) 107,2m
2ª Cristina Fernandez (Baixo Miño) Junior 65m

Xa finalizada a competición e con todo recollido tanto deportistas como organización foron gozar dunha merecida comida.

Antes da mesma fíxose a entrega das medallas aos deportistas facendo unha mención especial a aqueles que bateron algún dos records galegos.


STA masculina: 6’22’’. José Jonathan Costas Comesaña (Club Neptuno Rias Baixas)
STA Feminina: 4'37''. Lorena Prieto Cacabelos (Club Sotavento)
DNF Feminina: 78m. Lorena Prieto Cacabelos (Club Sotavento)
DBF Feminina: 125,5m. Lorena Prieto Cacabelos (Club Sotavento)
DYN Feminina: 107,2m. Lorena Prieto Cacabelos (Club Sotavento)


Acta do campionato