A Natación con Aletas é unha disciplina deportiva de competición cuxa particularidade é a velocidade que se alcanza nos distintos tipos de nado en comparación con outros deportes similares.
A principal característica que diferencia á natación con aletas é a utilización de elementos propulsores “Monoaletas” ou “Aletas” ademais dos elementos auxiliares necesarios para os distintos tipos de probas.
A Natación con Aletas dispón de catro técnicas ou especialidades diferentes: o nado en superficie, o nado en apnea, nado en inmersión con escafandra, e o nado en augas abertas.
Esta disciplina realízase en instalacións pechadas, tales como piscinas de competición (o nado en superficie, a inmersión con escafandra e o nado en apnea), ou en augas abertas como o mar, ríos ou lagos, sempre libres do efecto das correntes.