Pesca Submarina

Pesca Submarina

Galicia referente da pesca submarina debido á riqueza das súas augas e a dificultade técnica que impoñen as súas correntes e visibilidade. A actividade está regulada pola Xunta de Galicia e as competicións son coordinadas pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

Normativa e Práctica en Galicia

  •  Días permitidos: Segundo a Xunta de Galicia, a pesca submarina recreativa só pode practicarse sábados, domingos e festivos do 1 de outubro ao 30 de abril. Do 1 de maio ao 30 de setembro (e en Semana Santa), permítese todos os días.
  •   Requisitos: É obrigatorio ter polo menos 16 anos, contar coa licenza de pesca submarina en vigor e un seguro de responsabilidade civil ou licenza federativa.
  •  Zonas prohibidas: Está prohibida no interior das rías, zonas de bañistas, canles de navegación e proximidades de artes de pesca profesionais 

Competicións Principais 

  • Campionato Galego Individual, no seu as súas categorías masculino, feminino, sub-23 e veteranos 
  • Campionato Galego  por equipos de Clubs
  • Copa Galicia de Pesca submariña 

    Iste circuíto de torneos será a nado (de infantería), a FEGAS non exercerá un control técnico sobre estes, pero o seu regulamento debe adaptarse ao Regulamento FEGAS, salvando as peculiaridades de ser unha proba a nado. Constará de 3 probas e todas elas teranse en conta para a clasificación. Estas probas deberán ter Categoría Senior masculino, Senior feminino, Sub-23 e Veteranos. A Clasificación determinarase pola puntuación obtida mediante a seguinte táboa; no caso de empate na clasificación, resolverase a favor do deportista que participase nas tres probas; de persistir o empate, o que teña maior número de pezas válidas; e se proseguise o empate, determinará o desempate a peza maior.

    A puntuación será da seguinte maneira, para cada categoría e para cada proba designada ese ano como puntuable para a Copa Galicia.

  • Puntos da Copa Galicia 
  • • 1º clasificado (medalla de ouro): 25 puntos.
    • 2º clasificado (medalla de prata): 20 puntos.
    • 3º clasificado (medalla de bronce): 16 puntos.
    • 4º clasificado: 12 puntos.
    • 5º clasificado: 10 puntos.
    • 6º clasificado: 8 puntos.
    • 7º clasificado: 6 puntos.
    • 8º clasificado: 4 puntos.
    • 9º clasificado: 2 puntos.
    • 10º clasificado: 1 punto.

 RESULTADOS COPA GALICIA

RESULTADOS CAMPIONATOS GALEGOS - 2026

Campionato Galego Individual - 29 - 31 /05/2026  A Coruña

XXV Campionato Galego de clubes por equipos - 05 /09/2026 Vilanova de Arousa

IX OPEN MARIA PITA DE PESCA SUBMARINA - 2026

Data: 25 de abril  /  O Portiño

XXVIII_Campionato_Virxe_Peregrina de Pesca Submarina 2026

Data: 30-08-2026/ Praia da Barrosa (San Vicente)

IX OPEN CONCELLO DO GROVE IV MEMORIAL ISMAEL GARCIA  CORES 2026

RESULTADOS CAMPIONATOS GALEGOS -  2025

Campionato Galego Individual - 23 -25 /05/2025  Vilagarcía de Arousa

 

XXIV Campionato Galego de clubes por equipos - 23 /08/2025  A Coruña

 

 

Trofeo de Pesca Submarina María Pita 2025

Data: 13-04-2025 / A Coruña

VII Open Vila de Baiona de Pesca Submarina 2025

Data: 31-05-2025 / Baiona- Pontevedra

X Trofeo Rías Altas de Pesca Submarina 2025

Data: 12-07-2025 / Ferrol

XXVII_Campionato_Virxe Peregina de Pesca Submarina 2025

Data: 31-08-2025 / Praia da Barrosa (San Vicente)