Campionato Galego de Apnea Indoor

Campionato Galego de Apnea Indoor

 

O domingo 5 de maio de 2024, celebrouse na piscina municipal de Allariz (Ourense) o Campionato Galego de Apnea Indoor organizado conxuntamente por FEGAS e o Club Pérez Sub. O formato elixido foi Open e contou coa participación, ademais dos apneístas galegos, con deportistas vindos de Cantabria, Alacante e Tenerife. Cabe destacar a presenzadunha apneísta americana, fincado en Tenerife, que realizou a marca en Dinámica con Monoaleta de 200 m., a mellor marca de toda a competición.

Bos tempos e distancias de todos os deportistas, que unha vez máis demostraron que cada vez se alcanzan novos retos nun deporte que require tanto esforzo e adestramento. Lorena Prieto, do Club Sotavento, batería o seu propio record en dinámica sen aletas (DNF) cunha marca de 97m mentres Xan Lamas, do Club Nauga, bateu o record galego en Dinámina con bialetas (DYN-BF), cunha marca de 175 m.

Bo ambiente nun marco inmellorable como é Allariz, onde o Concello envorcouse con este campionato.

Agradecemos a presenza da súa Alcaldesa Cristina Cid e o seu Concelleiro de Deportes Carlos Puga.

Acta Campionato

Récords Galegos 2024

 

 

 

Compartir esta noticia: