Campionato GAFOSUB 2022 – CIUDADE DE A CORUÑA e o XIII OPEN Memorial Fernando Torreiro
Estará organizado polo Club del Mar de San Amaro de A Coruña conxuntamente coa FEGAS.
A Competición comezará as 8:30h da maña e rematará sobre 17:30h, as inmersións faranse nas augas da Enseada de San Amaro e na zona denominada “O Grelle”.
Este ano dadas as circunstancias excepcionais do Regulamento Fegas, teremos un campionato un tanto diferente, esperamos e desexamos que non menos atractivo. Por un lado teremos o GAFOSUB 2022 no cal participaran os equipos clasificadas para o mesmo, e por outro o XIII Open Memorial Fernando Torreiro, no cal participaran os restante de equipos. Ambas competicións realizaranse conxuntamente pero non misturadas, como explicaremos no Regulamento Particular.
Esperamos que o mar estea en boas condicións ademais de ter un día claro e soleado, para que as parellas participantes formadas por fotógrafos e co fotógrafos poidan facer unhas fotografías magnificas.
Para que todo saia o mellor posible, o Club del Mar de San Amaro conta para este campionato ademais de todas as instalacións e infraestruturas necesarias, de dúas embarcacións da súa propiedade o “Atlantis” e o “Buitrón”.
A pesares da situación actual e dos protocolos que temos que cumprir e ter sempre presentes, o Club del Mar de San Amaro de A Coruña ademais de estar encantado de convidarvos a todos a participar.
Ademais de agradecer a o Concello de A Coruña, como a todos os colaboradores para este sexa un día de competición entre amigos.
Cartel para descargar
INVITACIÓN CAMPIONATO FOTOGRAFIA SUBMARINA 2022
Folla de selección de imaxes GAFOSUB
Folla de selección de Imaxes Open Memorial Fernando Torreiro