CazafotoSub en Apnea

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

II Campionato Infantil de cazafotosub en apnea

O día 21 de agosto celebrarase na localidade de Ribeira, o II Campionato Infantil-Familiar de fotos de peces. A competición, organizada pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas en colaboración co Club Subacuático Sotavento o Concello de Ribeira.

A concentración realizarase a partir das 10:30 horas do domingo 21 de agosto, na Praia de Rio Azor. Ás 11:00 da mañá, unha vez finalizada a inscrición, darase a saída.

Para poder participar, é necesario facer unha preinscrición, podes informarche no mail clubsotavento@gmail.com ou no teléfono 655.601.308.

Cada participante tanto adulto como neno, deberá estar en posesión da licenza federativa en curso. Aqueles que non a posúan, facilitaráselles unha, a través da Federación, tras facer a preinscrición.

Dossier completo

Doc. proctección datos menores

Folla inscripción

Cronica do II Campionato Infantil de Fotografía de Peixes

O pasado domingo, celebrouse o II Campionato de Fotografía Submarina de Peixes na praia de Rio Azor, en Palmeira. Esta competición englóbase dentro do calendario oficial de competicións deportivas da Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Ao igual que a súa primeira edición, o Club Subacuático Sotavento foi o encargado da súa organización coa colaboración do Concello de Ribeira.
Nesta segunda edición, onde se podían anotar rapaces e rapazas de ata 14 anos, apuntáronse un total de 16 participantes. Durante a competición, e sempre para garantir a seguridade dos máis cativos, estes estarían acompañados en todo momento por un adulto. Por outra banda, unha embarcación de seguridade estaría cerrando o perímetro de competición para que ningunha embarcación se aproximara as boias dos participantes.
A hora de reunión era ás 10:30 na propia praia para dar comezo as 11. Durante as dúas horas que duraba a competición os nenos e nenas podían entrar e saír da auga as veces que quixeran aínda que foron moitos os que aproveitaron practicamente todo o tempo dado. Na competición deberían fotografar o maior número de especies de peixes diferentes. Para elo, na charla previa indicábase algún truquiño que se podía levar a cabo para buscar estas imaxes.
O día foi espectacular, un día de sol, sen vento ningún e coas augas quentes (dentro do que cabe esperar nas Rías Baixas). A visibilidade da auga, mais que aceptable, permitía a estes cativos tomar instantáneas moi boas, algunhas delas merecentes do National Geografic.
De todas maneiras o que é máis importante é a ilusión coa que os nenos e nenas participaban nesta proba e mais aínda o sorriso co que saían da auga unha vez feito o traballo.
Só quedaba que o xurado, despois de descargar os traballos, proclamase os campións e campioas da proba. Para elo teríase en conta o número de especies atopados e a calidade das súas imaxes. O resultado da mesma foi o seguinte:
1º Álvaro Costa Gude (22 especies)
1ª Uxía Lamas Márquez (9 especies)
2º Jairo Costa Gude (20 especies)
2ª Lara Pego (7 especies)
3º Jon García Ferreira (10 especies)
3ª Candela Rocha Gago (7 especies)
Rubén Sampedro Filgueira
Lucas Santiago Millán
Mauro Santiago Millán
Raúl Sixto Vilas
Luam Chazo Rodriguez
Lucas Muñiz Saa
Lucas Álvarez Vidal
Erik García Ferreiro
Mauro Otero Núñez
José Manuel Olveira
Felicitar a todos os deportistas por esa ilusión coa que se meteron na auga, é todo o que necesita a organización para repetilo o ano que ven e as veces que faga falla.
Agradecer o Sotavento Actividades Subacuáticas, o Concello de Ribeira, en especial a Javier Sampedro e Nucha Brion, a súa colaboración na organización deste evento.

Crónica do II Campionato Infantil de Fotografía de peixes

Campionato de España de Cazafotosub

Campionato de España de Cazafotosub en Apnea 2022 terá lugar do xoves día 8 ao domingo día 11 de setembro de 2022 en Viveiro, organizado pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

As inscricións dos participantes remitiranse á Federación Galega de Actividades Subacuáticas, e-mail: imagen@fegas.es, con copia á Federación Española imagen@fedas.es, antes do día 19 de agosto de 2022.

Reglamento Particular

Video da Gala de entrega de premios XXXI campiomato de cazafoto Viveiro 2022

Making off do campionato