IV Campionato infantil-familiar cazafotosub en apnea

IV Campionato infantil-familiar cazafotosub en apnea

O día 30 de agosto celebrarase na localidade de Ribeira, o IV Campionato Infantil-Familiar de fotos de peces. A competición, organizada pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas en colaboración co Club Subacuático Sotavento e o Concello de Ribeira.

A concentración realizarase a partir das 10:00 horas do sábado 30 de agosto, na Praia de Rio Azor. Ás 11:00 da mañá, unha vez finalizada a inscrición, darase a saída.

Para poder participar, é necesario facer unha preinscrición, para iso debe cubrirse a folla de inscrición e o documento de protección de datos ao mail clubsotavento@gmail.com. Podes informarche neste mail ou no teléfono 655 601 308

Folla de Inscripción

Información Campionato

LOPD IV Campeonato Infantil Cazafotosub

Compartir esta noticia: