II Campionato Cazafotosub Infantil

II Campionato Cazafotosub Infantil

O día 21 de agosto celebrarase na localidade de Ribeira, o II Campionato Infantil-Familiar de fotos de peces. A competición, organizada pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas en colaboración co Club Subacuático Sotavento o Concello de Ribeira.

A Competición vai dirixida a nenos e nenas de ata 14 anos que teñan ganas de descubrir a gran variedade de peces que hai nas nosas costas, peces que na súa gran maioría podemos ver e fotografías sen sequera mergullar as vías.

Para garantir a seguridade, cada neno ha de ir acompañado dun adulto que lle poderá axudar a buscar peces, pero non poderá utilizar a cámara.

Agasallos para todos os participantes e premios para os mellores de cada categoría.

Se non dispoñedes de cámara subacuática podedes falar coa organización, para tentar conseguir unha. Para máis información podedes escribir a clubsotavento@gmail.com ou por WhatsApp ao 655601308

II CAMPIONATO INFANTIL CAZAFOTO (INFORMACIÓN)

FOLLA INSCRIPCION CAZAFOTOSUB INFANTIL FAMILIAR 2022

DOC. Menores- PROTECCION DE DATOS - EVENTOS - COMPETICIÓNS DEPORTIVAS

Compartir esta noticia: