Finalizado Curso Instructor/a de Mergullo infantil 12/11/2022

O pasado sábado 12 de novembro a Escola Galega de Mergullo organizou o primeiro curso de Instrutores de Mergullo Infantil, especialidade de recente incorporación aos estándares FEDAS con motivo dos cambios lexislativos introducidos no RD 550/2020 en relación ás actividades de mergullo recreativo e deportivo no noso país.
Un total de 12 instrutores da nosa federación acudiron á cita para obter a capacitación nesta especialidade, encamiñada á formación a mergulladores entre os 8 e 11 anos.

.jpeg)
Agradecer aos novos instrutores a súa implicación coa formación federativa e en especial con esta especialidade de formación enfocada aos nenos e nenas que queiran empezar a gozar deste deporte de forma segura e responsable.