V Campionato Infantil-Familiar de fotos de peixes

V Campionato Infantil-Familiar de fotos de peixes
O sábado 8 de agosto a localidade de Ribeira acollerá o V Campionato Infantil-Familiar de fotos de peixes. A competición, organizada pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas en colaboración co Club Subacuático Sotavento e o Concello de Ribeira..
Os participantes concentraranse a partir das 10:00 horas na Praia de Río Azor. Unha vez finalizada a inscrición, darase a saída ás 11:00 da mañá.

Para participar é preciso realizar unha preinscrición enviando a folla de solicitude e o documento de protección de datos ao correo clubsotavento@gmail.com

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do citado correo ou do teléfono 659 411 036.

DOCUMENTACIÓN RELACIONA CO CAMPIONATO

 

Compartir esta noticia: