Este pasado domingo día 5, celebrábase, en augas da Coruña, o Campionato Galego de Cazafotosub en Apnea 2026 dando comezo a proba ás nove da mañá e finalizando ás dúas da tarde. A organización correu a cargo do CAS Nauga coa colaboración da Fegas e contou coa participación de deportistas de clubs de Vigo, Pontevedra, Malpica e A Coruña. A zona elixida e totalmente descoñecida para esta disciplina foi a praia de Oza e as súas inmediacións, no interior da ría da Coruña, sorprendeu a todos os participantes pola gran cantidade de vida mariña existente e o gran número de especies distintas fotografadas (57 especies) entre as que cabe destacar a presenza de varios exemplares de cabaliños de mar (hippocampus guttulatus) algo a priori moi pouco frecuente en augas da Coruña. Finalizada a parte de mar, os deportistas despois de tomar unha comida lixeira seguiron coa segunda parte do campionato, selección de fotografías e recoñecemento de especies. Sobre as sete da tarde xa con todos os traballos concluídos e presentadas as coleccións deuse por finalizado o campionato. Unha vez recollido o ditame dos xurados, os pódiums quedarían do seguinte xeito:
Pódium masculino
1º Héctor Costa Fernández............... 48 Especies con 1.112 puntos
2º Fernando Quintela Lens .................44 Especies con 1.028,5 puntos
3º Luís Alberto Martínez González..... 46 Especies con 1.020 puntos
Pódium feminino
1ª Aurora Santomé Davila ................42 Especies con 884,5 puntos
2ª Lara María González Gómez ........42 Especies con 837,0 puntos
3ª Marta Sende Socastro ..................33 Especies con 605,0 puntos.
Mellores fotos por coeficientes: Coeficiente 1: Gobius niger de Dámaso Martínez Castrillón de Dámaso Martínez Castrillón
Coeficiente 1,5: Syngnathus acus de Fernando Quintela Lens
Coeficiente 2: Lipophrys trigloides de Dámaso Martínez Castrillón