CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA CURSO DE INSTRUTORES DE MERGULLO (IN1E)

🌊 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
CURSO DE INSTRUTORES DE MERGULLO (IN1E)
AVISO IMPORTANTE: CAMBIO NORMATIVO
A modificación do RD 550/220 polo que se determinan as condicións de seguridade das actividades de mergullo, mediante a publicación do Real Decreto 1188/2025 do 26 de decembro, polo que se modifican determinadas normas en materia de Mariña Mercante, veu a crear un baleiro no desenvolvemento das actividades que se levan a cabo nos clubs de mergullo, concretamente nas actividades de descubrimento do mergullo, os chamados “bautismos de mergullo”.
Para dar solución a este problema, a FEGAS e a EGB realizan esta única convocatoria extraordinaria.
🎁 BONIFICACIÓN ESPECIAL: Esta convocatoria extraordinaria será bonificada pola FEGAS nun 50%.
🗓️ MAIO 2026
Organizan:
Escola Galega de Mergullo (EGB) y Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS)
📝 INFORMACIÓN
- Requisitos: Consultar convocatoria oficial. [DESCARGAR AQUÍ]
- Inscricións: Abertas por tempo limitado.
- DATA LÍMITE: Venres, 24 de abril para formalizar a inscrición.
📧 CONTACTO E MÁIS INFORMACIÓN
- FEGAS: fegas@fegas.net
- Escola Galega de Mergullo: escuela@fegas.net

