Resultados / Crónica Campionato Gallego Cazafotosub en Apnea 2023

O campionato, organizado polo Club Sotavento en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), contaba nesta ocasión coa colaboración do Náutico de Aguete que cedía as súas instalacións para o desenrolo da proba.
A previsión era mala, os deportistas que estiveron preparando a zona os días previos avisaban das malas condicións para o desenrolo da proba dada a baixa visibilidade. A pesar de todo e dado que o regulamento deste tipo de probas o permite, ás 9:00 da mañá daba comezo a competición. Cinco horas tiñan por diante os deportistas para localizar e capturar as distintas variedades de peixes. Finalmente non estaba tan mal como se previa e iso permitiu que se puidera pasar por fora do Chilreu, zona de un pouco máis de profundidade onde se poderían atopar especies diferentes.
Xa ás dúas, se daba por finalizado o campionato. Tras endulzar as cámaras en facer entrega das tarxetas a organización, os participantes cambiábanse para ir a comer algo. Ás 16 horas había que estar de volta no Club Náutico de Aguete para facer a selección. Neste caso cada participante debe seleccionar, de entre todas as súas fotografías unha de cada tipo de peixe diferente que teña. Despois ten que indicar o seu nome científico e facer a indicación se quere presentala a valoración do xurado. Pódense presentar a metade das especies fotografadas.
Destacar este ano a participación de moitos deportistas novos, Lara, Ángel, Brais e Jose animáronse a probar esta modalidade na que quedaron encantados e con idea de voltar para o ano que ven. Encantados de tervos aquí.
Agradecer a Club Sotavento a organización deste campionato e o Club Náutico de Aguete que nos deixara utilizar as súas instalacións. Non nos esquecemos dos que sempre están para votar unha man, Joseph como coordinador de seguridade da proba e barqueiro da embarcación de seguridade e a Elías por poñer a disposición do Club e da Federación a súa pneumática.
Finalizada a selección, esta era enviada os xuíces para que fixeran a súa puntuación en función da calidade das imaxes. Agradecer a estes a súa rápida intervención que fai posible ter xa os resultados da proba. Felicitar a todos os participantes, os que lograron subir o pódium e en especial a Luigi que con este son xa 9 os campionatos galegos gañados.
CLASIFICACION ABSOLUTA CAZAFOTO 2023



