CRONICA-PRIMEIRA MANGA DO CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFÍA SUBMARÍNA

CRONICA-PRIMEIRA MANGA DO CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFÍA SUBMARÍNA

O domingo día 9 DE MAIO de 2026 celebraremos A PRIMEIRA MANGA DO CAMPIONATO GALEGO DE FOTOGRAFÍA SUBMARÍNA RÍA DE AROUSA, clasificatorio para el campionato de España de Fotografía Submarína.NAFOSUB 2026. Organizado pola FEGAS e o Club Subacuático Perez-Sub de Vilagarcía de Arousa.

O punto de encontro foi ás 08.30 horas no Faro De Punta Cabalo na Illa de Arousa, concretamente na leira ao lado do Faro cedida para a celebración deste evento e que os participantes puidesen estar o mais cómodos posible.

Ás 10.00 horas comezaba a proba coa 1ª das 2 inmersións previstas no Regulamento, cunha duración de 90 minutos, 8 equipos eran os rexistrados de distintos puntos de Galicia, dos cales o Club anfitrión presentaba 3 equipos. 

O día presentábase nubrado con previsión dalgunha precipitación na mañá, ao rematar a primeira inmersión a as 11.30 horas comentábase que o fondo non había moito clarexo para realizar boas fotos, despois de un descanso de 60 minutos para comerse un bocadillo e repoñer forzas comeza a 2ª inmersión, estaba a torcerse o día, a marea subindo, a cousa non pintaba nada ben… e así foi, o fondo revolto, a visibilidade nula, co que esperar a mellor estratexia posible de cada un para presentar as fotos o mellor posible.

Ao terminar sobre as 14.00 horas despedímonos cunha comida no Ou Con do sol na Illa de Arousa.

 

Compartir esta noticia: