LXV Campionato Galego Individual de Pesca Submariña

LXV Campionato Galego Individual de Pesca Submariña

Este ano o LXV Campionato Galego Individual de Pesca Submariña celebrarase os días 23,24 e 25 de maio, en Vilagarcia de Arousa organizado polo Club A.D.C.Raspa.

Disputarase nas categorías absoluta feminina e masculina, sub-23 e veteranos.

Este Campionato ademais de proclamar o campión galego nas diferentes categorías e clasificatorio para o Campionato de España.

Lembramos que para participar, os deportistas deben estar clasificados nos sociais dos seus clubs; é obrigatorio que os clubs fagan o seu campionato social clasificatorio para poder participar e que os deportistas participasen neles;  ademais as actas dos campionatos sociais deben estar enviadas a federación; nos campionatos galegos as inscricións tramitaranse a través dos clubs.

A documentación que debe achegarse xunto as follas de inscrición son:

- Licenza Federativa (pescador e lancheiro)

- Licenza de Pesca da Xunta de Galicia

- DNI (pescador e lancheiro)

- Seguro e documentación da embarcación

- Titulación para manexar embarcación de lecer (Lancheiro)

- Plan de seguridade asinado por pescador e lancheiro

Toda a documentación deberá enviarse con data límite antes do 09 de maio do 2025 antes dás 23:59h. por e-mail a: pesca@fegas.net

Deixamos aquí as ligazóns o dossier do campionato, así como follas de inscrición, plan de evacuación e protección de datos.

.-Dossier Cpto. Galego Indiviual de Pesca Submariña_ 2025

.-Folla de inscrición Galego Individual de Pesca Submariña 2025

.-Folla de inscripción VETERANOS gallego ind pesca 2025

.- Folla de inscripción Feminas e Sub-23 gallego ind pesca 2025  

.-Plan de Evacuación

.-Folla LOPD

Compartir esta noticia: