CAMPIONATO GALEGO INFANTIL CAZAFOTOSUB

CAMPIONATO GALEGO INFANTIL CAZAFOTOSUB

O día 24 de agosto celebrarase na localidade de Ribeira, o III Campionato Infantil Familiar de fotos de peces.

A competición, organizada pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas en colaboración co Club Subacuático Sotavento e o Concello de Ribeira.

A concentración realizarase a partir das 10:00 horas do sábado 24 de agosto, na Praia de Rio Azor. Ás 11:00 da mañá, unha vez finalizada a inscrición, darase a saída.

Para poder participar, é necesario facer unha preinscrición, para iso debe cubrirse a folla de inscrición e o documento de protección de datos e enviar ao mail: clubsotavento@gmail.com. Podes informarche neste mail ou no teléfono 655601308.

Deixámosche a documentación para descargar para a preinscrición

FOLLA INSCRIPCION CAZAFOTOSUB INFANTIL

LOPD III Campionato Infantil Cazafotosub

Dosier_III Campionato Infantil Cazafotosub

 

Compartir esta noticia: