Campionato Galego indivial de pesca submariña

Campionato Galego indivial de pesca submariña

Campionato Galego individual de Pesca submariña

Este ano o campionato galego individual de pesca submariña celebrarase os días 12-13 e 14 de maio, no porto de Pedras Negras no concello do Grove.

Disputarase nas categorías absoluta feminina e masculina, sub-23 e veteranos.

Este Campionato ademais de proclamar o campión galego nas diferentes categorías e clasificatorio para o Campionato de España, que este ano celebrase en Sanxenxo para as categorías absolutas, ao xogar coa ventaxa do campionato de España na casa, fará que os deportistas vaian ao campionato galego a por todas e co cuchilo nos dentes, será moi apaisoante ver como todos eles darán o máximo para poder estar no campionato de España.

Lembramos que para participar os deportistas deben estar clasificados nos sociais do seus clubes, e obligatorio que os clubs fagan o seu campionato social clasificatorio para poder participar e que os deportistas haxan participado neles, ademaís as actas dos campionatos sociais deben estar entregadas na federación, no campionato galego, as inscripcións tramitanse a través do clubs.

A documentación que ha de acompañarse as follas de inscripción son:

- Licenza Ferderativa (pescador e lancheiro)

- Licenza de Pesca da xunta de Galicia

- DNI (pescador e lancheiro)

- Seguro e documentación da embarcación

- Titulación recreativa para levar embarcación de recreo (Lancheiro)

- Plan de seguridade firmado (pescador e lancheiro)

Deixamos aquí os enlaces do dossier do campionato, as follas de inscripción foron enviadas aos clubes.

 

Dossier do campionato galego individual de pesca submariña 2023

Clasificación Senior Masculina

Clasificación Senior Feminina

Clasificación Sub23

Clasificación Veteranos

 

 

 

 

Compartir esta noticia: