X GALA DA IMAXE SUBMARINA DE GALICIA 2017

O sábado 2 de decembro a partires das 19:00 horas celebrarase a X Gala da Imaxe Submarina de Galicia 2017 que reunirá ós máis destacados especialistas en imaxe submarina de toda Galicia. Neste evento que conta coa implicación da FEGAS, do Concello da Illa de Arousa e do Club Buceo Con Grande de Vilanova de Arousa, proxectaranse as imaxes obtidas nas competicións realizadas en Galicia durante o ano 2017 baixo o amparo da FEGAS nas súas distintas modalidades (Fotografía Submarina, Vídeo Submarino e Cazafotosub en Apnea) e entregaranse os premios correspondentes a estas competicións. Tamén se proxectarán os traballos realizados polos deportistas galegos nos respectivos campionatos nacionais noa que nos representaron. O acto, que é gratuito, está aberto a todo o público en xeral.