IV CAMPIONATO CAZAFOTOSUB CIDADE DA CORUÑA

Boas a todos

O pasado domingo día 23 de Xullo nas augas da Enseada de San Amaro de A Coruña, tivo lugar o IV Campionato de Cazafotosub Cidade de A Coruña 2017 organizado por o Club do Mar de san Amaro de A Coruña conxuntamente coa FEGAS.

Como é costume neste deporte comezamos cedo, as 8:00 da maña xa estabamos coa presentación e comprobación de documentación dos participantes. O día non se presentaba moi claro e ameazaba con chover algo o que por aquí chamamos “cala bobos”, as augas ao comezo da proba no estaban moi claras e a marea estaba baixando, pero co paso das horas as augas foron cambiando un pouco a mellor e clarearon. O número de participantes que  nun principio esperábase mais alto,  quedouse e sete, xa que coincidiu xusto antes da ponte do 25 de Xullo, e varios tiveron que optar por atender a familia.

A proba de mar comezou as 9:25 e rematou as 14:00, case cinco horas na auga sen parar mais que para cambiar as baterías das cámaras fotográficas, nadando, facendo picadas, apneas, adoptando posicións incribles, e todo iso para sacar as mellores “capturas sen morte”. Tras a etapa de mar, procedimos a baleirar  as tarxetas coas “capturas – fotografadas”. Despois de recoller os equipos, endulzalos e ducharse, pasamos e repoñer un pouco as forzas, xa que se tiñan ben merecido tras o esforzo físico, na comida comentáronse as xogadas, que peixes e cales non tiña cada un no “saco”, en fin unha pequena sobremesa con comentarios da maña de caza, xa que esperábanos a continuación a terceira etapa, que foi de esforzo mental e físico, xa que todo o mundo houbese agradecido unha sesta, coa selección e evaluación por cada un dos participantes individualmente das súas “pezas – fotos” para presentar ao xurado, dado o nivel e a cantidade de fotografías que tiveron a revisar e clasificar, ademais das pertinentes consultas sobre das diferentes e similares especies ao biólogo mariño, conleva unha certa complexidade e duración. Coa presentación das listaxes das fotos, deuse por rematada a proba sobre das sete e media da tarde, e quedando emprazados para o seguinte campionato, pensando sobre todo no Campionato de España que se vai a celebrar nas augas galegas de Ribeira do próximo 28 se setembro ata o 1 de outubro.

Por parte do Club do Mar de San Amaro de A Coruña, agradecer a todos os “cazafotosub” a súa participación e sobre todo o seu compañeirismo, ademais de agradecer a FEGAS e a todos os colaboradores para que este fose un día de competición entre amigos.

Moitas grazas e esperamos vervos o ano que ven.

FOTOGRAFÍAS DEL CAMPEONATO

RESULTADOS