| |
RESUMEN DAS NORMAS DE SEGURIDADE PARA AS ACTIVIDADES SUBACUATICAS (Orde
do 14 de Outubro de 1997):
- Art.2.
Sera obriga das entidades relacionadas coas actividades subacuaticas:
- Asegurar que tódolos equipos sexan revisados, probados, controlados e
reparados.
- Dispor dun libro de rexistro e control.
- Comprobar que os mergulladores teñen a titulación e capacitación esixida.
- Art.14.5.
A zona onde se efectúen inmersións deberá contar cunha cámara multipraza
de descompresion operativa que faga posible o tratamento nun prazo
máximo de dúas horas dende que éste se produza por calquer medio de
transporte.
- Art.15.2.
A unidade mínima na auga para efectuar inmersións con equipos autónomos
será a parella de mergulladores e deberán estar sometidos ás restricións
estipuladas.
- Art.16.
Disporase dunha embarcación en superficie para axuda e auxilio dos
mergulladores durante as inmersións.
- Art.21.3.
As botellas de mergullo de uso continuado deberán ser sometidas
anualmente a unha inspección visual e de limpeza exterior. Asi como a unha verificación completa cada cinco anos segundo norma do Ministerio de Industria sobre recipientes a presión.
- Art.24.1.
Todo practicante dunha das modalidades de actividades subacuáticas
deberá estar en posesión dun Seguro de accidentes e de responsabilidade
civil..
- Art.24.3.
Na práctica do mergullo as táboas de descompresión poderán ser
sustituidas por un descompresometro dixital.
- Art.24.8.
Os límites de profundidade para inmersións con aire quedan determinados
nas seguintes cotas:
- 40 metros para equipos autónomos de aire.
- 55 metros para inmersións excepcionais con aire ou nitrox.
- Art.24.13.
Disporase dunha embarcación en superficie.
- Art.24.14.
Toda embarcación que participe en inmersións deberá izar a bandeira "ALFA" e a ser posible, balizará a zona co mesmo sinal en dous puntos.
- Art.24.17.
O equipo mínimo obrigatorio será:
- Chaleco hidrostatico.
- Botella con reserva ou manometro.
- Reloxo e porfundimetro.
- Coitelo.
- Dúas segundas etapas.
- Art.25.1.
Toda persoa que se someta a un ambiente hiperbárico deberá realizar
un exame médico especializado.
- Art.25.5.
O examen médico repetirase cada dous anos para os mergulladores
deportivos recreativos
- Art.26.1.
Os clubs, federacións, centros de mergullo efectuarán recoñecementos
periódicos anuais que deben ser anotados no libro de rexistro e control
de equipos.
- Segundo o Real Decreto 366/2005 modifícase a norma de proba das
botellas de mergullo, no artigo 13 di:
- As botellas deberán someterse cada tres anos ás probas periódicas.
- Cada ano as botellas deberán someterse a unha inspección visual.
- As instalacións de carga deberán ser revisadas cada cinco anos.
|
|