| |
RESUMEN DE AUTORIZACIÓN E FUNCIONAMIENTO DE ESCOLAS DE MERGULLO:
-
Deben estar en posesión da autorización expresa, mediante expediente de
solicitude, da Administracin Espanñola, con caracter definitivo ou
provisional. Segundo estipula a Orde de 1973, artigo 32 e seguintes.
Ata 1996, ditos permisos concedeunos a Inspección Xeral de Ensinanzas
Nautico Pesqueiras. Na actualidade, ditas competencias están traspasadas á Xunta de Galicia (Deportes e Presidendcia) que non fixou o departamento que se encarga da tramitación dos expedientes e a autorización.
-
Deben estar dirixidas por un instrutor con titulación española (MAPA) ou
con calquera outra homologado pola Administración Española, e cumprir os
requisitos establecidos ao efecto, segundo estipula a Orde de 1973.
Na actualidade, e dende hai moitos anos, as únicas titulacions
homologadas polo Estado Español son as FEDAS/CMAS, que tamén están
avaladas polo Consello Superior de Deportes, quen no seu momento aprobou
os programas de ensino como estipula a lexislación vixente. A propia lei do Deporte de 1990 recoñece as Federacións Deportivas españolas funcións de cáracter administrativo en representacin, e por delegacioón, do Estado.
-
Os cursos de mergullo só poden realizarse na Escola Nacional de
Actividades Subacuáticas ou en clubs federados segundo as normas
establecidas, segundo estipula a orde de 1973.
Calquera actividade de ensino en tendas deportivas, se non están incluídas
dentro dun club federado (é dicir, pertencente á Federación respectiva)
non é legal e polo tanto non pode ser autorizada.
-
Dende 1995 todas a Asociacións Deportivas Internacionais poden
implantarse en España. Para iso, deben cumprir os requisitos establecidos no Real Decreto 1325 do devandito ano.
Deben solicitar a inscrición no rexistro do Consello Superior de Deportes, que lles concederá a autorización unha vez estudado o expediente de solicitude.
Polo tanto, dende a promulgación do referido Real Decreto, tódalas
entidades de carácter internacional que desexen ensinar a mergullarse
con botellas, deberan contar coa autorizacion do Consello Superior de
Deportes.
Ata o momento moitas entidades internacionais dedicadas ao mergullo
estiveron dedicándose ao ensino do mergullo, evidentemente dunha forma
ilegal, pero a partir de 1995 non poden estrimir falta de
lexislación ao respecto.
|
|