| |
RESUMEN DE AUTORIZACIÓN E FUNCIONAMIENTO DE ACTIVIDADES DE MERGULLO:
-
Para poderse mergullar con botellas débese estar en posesion dun título
expedido polo Estado Español e outro homologado por este.
Ata o momento só son válidos os expedidos polo MAPA e a FEDAS/CMAS.
-
A unidade mínima para o mergullo é a parella. Polo tanto está prohibido
mergullarse só.
-
As saídas de mergullo poden ser de carácter particular ou colectivas. As
de carácter particular deben cumprir tódalas normas establecidas,
preferentemente as de seguridade, e sinalizarse cunha boia coa letra "Alfa".
-
O mergullo de estranxeiros ou cidadáns da Uninón Europea poderá
realizarse libremente a través dos clubs federados. Estes deberán posuir o titulo oficial do seu país e un seguro específico para mergulladores.
- Os organismos oficiais teñen competencias plenas sobre a práctica do
mergullo con botellas son as CAPITANIAS MARITIMAS e a GARDA CIVIL.
-
Outras entidades teñen competencias de vixilancia, por se se esta a
infrinxir a lexislacion especifica, caso de Alfandegas e a
Conselleria de Pesca.
-
A actividade do mergullo é un deporte que non ten nada que ver coa pesca
submarina. O fin do mergullo é o esparexemento e o desfrute dos fondos submarinos.
Calquera tipo de pesca ou extraccion esta terminantemente prohibido aos mergulladores.
-
As denuncias emanadas do incumprimento da lexislación vixente deberán
comunicarse ás Capitanías Marítimas correspondentes no que respecta a
infracións á Seguridade Maritima e á Consellería de Presidencia,
Dirección Xeral de Deportes, cando se refira a infracións
deportivas recreativas, como carencia de títulos, carencia de permisos
de mergullo, carencia de seguro de accidentes e responsabibidade
civil, carencia da licenza federativa ou permiso de armas, etc.
|
|