Os seres humanos posúen unha innata curiosidade natural cara ao resto
das formas de vida que poboan o noso mundo. O mar é o berce da vida e é nos océanos, que ocupan grande parte da superficie planetaria, onde viven a maioria das especies.
Os mergulladores gozamos do privilexio de enxergar, por breves instantes, un mundo que á maior parte dos nosos conxéneres lles resulta por
completo descoñecido. Contribuir á súa protección e comprensión, asi como a difusión dos coñecementos adquiridos son os obxectivos prioritarios do Departamento de bioloxía.
Pablo Pita Orduna
Delegado do Departamento de Bioloxía
Curriculum Vitae
- Decálogo do mergullador responsable
Adaptado das 10 regras de ouro da CMAS: ¡mergúllese como a súa sombra!, ¡non deixe ningún rastro!, ¡non se comporte como un invasor! e ¡intégrese no mundo submarino!
|
- Non entre na auga camiñando sobre algas, plantas ou animais acuáticos
vivos.
- Domine a súa flotabilidade.
- Mantéñase á distancia de corais e outros animais delicados e procure non
remover os sedimentos
.
- Controle o lugar onde fondee a áncora se mergulla dende unha
embarcación.
- Non moleste innecesariamente, toque ou alimente os animais.
- Non recolecte ou merque restos de cunchas, corais ou outros animais
como recordo.
- Sexa prudente ao mergullar en grutas: as burbullas ou un simple rozamento
poden contribuir a destruir estes ámbitos tan fráxiles.
- Abandone o lugar de inmersión tal e como lle gustaría atopalo ó chegar.
- Coñeza a vida subacuática e evite toda destrución inútil.
- Consiga cos seus compañeiros de inmersión respeten e divulguen estas
normas.
- Traballos de investigación biolóxica
PROXECTO PRESTIGE:
PROXECTO PECOS:
En colaboración co Grupo de recursos mariños e pesqueiras do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal y Ecoloxía da Universidade de A Coruña, extráense conclusións dos datos de pesca submarina co obxectivo de
lograr unha explotación sostible do recurso, xestionada pola FEGAS.

Resultados iniciais:
Solicitámo-la colaboracion dos pescadores submarinos neste proxecto,
para o cal, unha vez cuberta esta enquisa, poden remitir os resultados a
traves do correo electrónico ou, unha vez impreso, por correo ordinario
ou fax.
Enquisa a pescadores submarinos. Descargar enquisa | pdf | zip |
Resultados financiados pola Fundación Océano Vivo:
Memoria final do proxecto. Cambios á logno prazo nos ecosistemas costeiros: Detección de perturbación humanas en grandes predadores.
PROXECTO LAMINARIA:
O Departamento de Bioloxía da FEGAS e o Grupo de Recursos Mariños e
Pesqueiras da Universidade de A Coruña, co financiamento
de Caixa Nova comprobarán a veracidade das informacións que apuntan
a minoración das densidades de grandes algas laminarias.
Instalaranse tranxectos permanentes fixados sobre as rochas para contabilizar a densidade de laminarias.
Resultará imprescindible a colaboración de Clubs de mergullo para que mergulladores voluntarios realicen unha avaliación semestral do estado das algas.
Todólos Clubs interesados en prestar a súa colaboración poden contactar co Departamento de Bioloxía da FEGAS no teléfono 981 210 559 ou a través do correo electrónico fegas@fegas.net.
• Curso de bioloxía submarina y técnicas de buceo científico

O Departamento de Bioloxía organiza anualmente un curso de bioloxía submarina para mergulladores. O Curso está dividido en:
- Módulo teórico. Os asistentes afondan na bioloxía de gran número das especies que
poboan os nosos fondos, así como os principais ambientes submarinos que
estas habitan.
-
O módulo práctico consiste na realización dunha serie de inmersións na que os asistentes
teñen a oportunidade de participar na toma de datos de campo dos
proxectos de investigación que en colaboración co Grupo de recursos
mariños e pesqueiras do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía
Vexetal e Ecoloxía se levan a cabo en augas da baía coruñesa.
Programa do Curso 2007
Información para a Inscrición no Curso 2007
- Asesoramento e control biolóxico
Os federados teñen á súa disposicion este departamento para facerlle
chegar as súas consultas ou suxestións.
|