tlf.  986 414 815 |  Fax: 986 48 31 32 | Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Federación Galega de Actividades Subacuáticas

Alertas 112

Formación

El 31 de agosto de 2010 ha sido publicado el Real Decreto 932/2010 de 23 de julio, por el que se establecen el Título de Técnico Deportivo en buceo deportivo con escafandra autónoma y se fijan sus enseñanzas mínimas y los requisitos de acceso

Descargar 

Enlaces de interés

Galería de Fotos Cíes

Acceso CLUBES






¿Recuperar clave?

100x100 áfrica

anuncios250.jpg
calendario_imagen.gif
navia.gif
Inicio
O Domingo día 30 de Agosto o Clube Sotavento organiza o tradicional Campionato da Peregrina de Pesca

A proba realizarase dende terra, con saída dos participantes desde Punta Miranda (Pedras Negras, onde empeza o paseo de madeira) A inscrición, gratuíta como sempre, comezará ás 8:30 na mesma zona, e alí a cada participante entregaráselle unha camiseta de clube e unha bolsa de avituallamento, ademáis do saco numerado no que se deberán entregar as capturas.
O evento terá unha duración de 4 horas a partir da saída, que normalmente se da ás 9:00 ou 9:15 en función da rapidez con que a xente se vaia cambiando.

  Rexerán as normas da Federación Galega cunha excepción, e é que se permite a captura de só tres muxos mentres que se aumenta o cupo de peixes porco a 5 pezas. Como sempre, o peso mínimo puntuable estará en 1000 gramos e para congros e morenas en 4000 gramos.

A pesaxe terá lugar na Praza da Verdura de Pontevedra arredor das 17:30. Tras ela entregaranse os correspondentes trofeos ós tres primeiros clasificados e á peza maior, e tras elo sortearanse entre os participantes numerosos regalos procedentes dos nosos patrocinadores e do propio Clube Sotavento.

Para terminar, invitaremos a tódolos asistentes a un pincho no Restaurante Rúas, situado na mesma praza, que servirá como despedida e que busca la confraternización dos pescadores, que se espera acudan de diferentes clubes e incluso de Portugal.

O ano pasado contamos con 35 participantes, e este ano nos gustaría que coa axuda dos socios se superarse este listón. ESPERÁMOSVOS!!!!!!